Zoé Padín

Vivo dentro de un sistema al que no pertenezco, pretendo romper con lo establecido y creo que la base está en el saber.

Archivo del blog

Find me

lunes, 21 de mayo de 2012

Atentamente Bernardo

Levaba toda a vida pensando en como sería este intre.
Adormecía tódalas noites pensando se sería verdade.
Todo o mundo lle teme. Eu non.
Tiña cuiriosidade do que había despois, algo fermoso?,
Pois, aquí estou, despois de 67 anos pensando que pasaría, como sería, que sentiría.
Aquí estou, ao outro lado dun longo camiño, vese unha luz.
Non é tan fermosa como dicían.
Non son capaz de dicir con certeza o que estou sentindo,
pero decidome a emprender a viaxe cara á luz.
Xa estou chegando, agora sinto alog: Medo?, Por que? Non o sentira nunca, e agora... Quero retroceder, volver o mundo, non quero marchar.
É demasiado trade... unha man agárrame e lévame ata o interior da luz,
Xa non sinto nada, xa non penso nada, xa non son nada...

No hay comentarios:

Publicar un comentario